Vistas de página en total

viernes, 4 de abril de 2014

Fundido a negro na ría de Vigo

Aquí nunca pasa nada. A nosa ría é como un prato. Milleiros de barcos atravesan cada ano o noso mar interior e non afunde ningún. Grandes mercantes, car- carriers, chalanas, dornas, faluchos ou zódiacs e aquí case nunca pasa nada. A nosa ría é xenerosa. Os grandes usuarios da ría: os portacolectores, os portacoches, os barcos de pasaxe e mesmo as planadoiras circulan polo noso mar coa mesma placidez que un neno gatea polo salón diante da súa nai. Aquí nunca pasa nada. Pequenos accidentes por imprudencias, accidentes humanos pero a ría de Vigo non soe ser escenario de grandes catástrofes. Por iso o do "Mar de Marín" tócanos tan fondo. Cinco mortos, dous deles á valga quedaron no noso mar. Para atopar un naufraxio destas características teríamos que remontarnos ó 78 ó sinistro do Marbel con máis de vinte mortos. O resto pequenos sucesos nunha ría que nos fai fachendear de ser un dos portos máis seguros do mundo. Se cadra a maior cantidade de mortos que hai na nosa ría están no contorno de San Simón e non foron as ondas nin a mala mar as que os levaron alí. Por iso a ría está de loito tan negra coma o Prestige.

lunes, 31 de marzo de 2014

Un pacto contra natura, eles saberán...

Aquí en Vigo nunca tal se mirou. Cando o BNG se desmarca da política de Abel a dous anos vista das eleccións; vai o PP e pacta impostos e presupostos co PSOE. Logo de máis de tres lustros oubeando contra eles Gran Líder pacta co PP. Trágalle con face-las conexións e fornecementos de auga e de electricidade ó antes chamado Hospital Privado vigués; trágalle coa cesión dos terreos da Cidade da Xustiza que antes tanto criticou...E o PP? Din que o fan polo ben da cidade, por desatascar vellos proxectos.Pero eu non son quen de o creer. O PP de Vigo suicídase políticamente a metade de mandato.Aquí en Vigo onde as puxas electorais son a cara de can e peléxase cada voto de cada barrio en cada rincón. Aquí ninguén se permite face-lo mínimo xesto que poida beneficia-lo contrincante. Sempre foi así e sempre eles o xustificaban porque a política é un xogo de intereses ( noxento), no que mesmo se admiten pancadelas como parte da dinámica habitual.Agora de súpeto todo é bo "rolo"e case case amor. Estas relacións tan raras son difíciles de crer. A menos que haxa claves que non nos dan. Como esa investigación "Patos"que afecta a tódalas intitucións de Vigo desde a Xunta ata a Zona Franca, o Porto e a Casa de Abel. O "sainete aínda dá para máis a "rabecha"do BNG , socio "desenamorao"e a do Grupo Voz. Mentres nós aquí no público queríamos saber quen ten a razón e quen oculta as súas razóns.

viernes, 28 de marzo de 2014

Postureo fino na visita ó novo Hospital de Vigo

Unha hora de paseo entre andamios, paneis, cemento e estruturas inacabadas do que será Hospital Metropolitano Álvaro Cunqueiro de Vigo. Algún puro, algún abrigo loden; moito azafato e azafata de obra, un equipo sanitario por se a alguén lle daba unha lipotimia; algún político con resaca do xantar e moita alegría. Tanta como para calzar uns Loubotin de 12 centímetros como os da xerente do SERGAS, Nieves Domínguez; tanta como para mazarse a "selfies" diante das padiolas sanitarias. Parecía unha imaxe do NODO de non ser polos chaleques de obra "fosforitos"e polo calzado da Marinieves, manndacarallo que tivo en alerta todo o tempo ó equipo sanitario que pensou que se ía esnafrar entre os quirófanos e o control de enfermería. Non estaba Abel, supoño que non foi invitado.Só había políticos do PP.Entre todos case cen. Contando prensa e xefes de Servizo do CHUVI vigués.Todos moi contentiños eles, todos lixeiros de cascos, xa sabemos como son...

jueves, 20 de marzo de 2014

El juego de la paella

Se le pasó el arroz a Tejero junior? Jugaban al juego de la paella? Aquel en que creo que cada uno se levantaba y decía un ingrediente en voz alta. Es una pena que en los colegios donde yo estuve no nos dejaban jugar en clase. Quizás jugaban al escondite inglés, y yo ya sé quién decía: ¡Quieto todo el mundo! O hacían tablas de gimnasia, y también sabemos quién decía: "Todo el mundo al suelo. - O a los barcos: 23 f? -Hundido. O quizás a la "Silla de la Reina" o del Rey y también sabemos quién dijo: "Se sienten coño". Para la fiesta faltó el señor de las Camelias, murió hace unos meses. En todo caso parece entre un juego y una broma, entre Pinto y Valdemoro! Parece que hubo hasta desfile, aunque fue militar! Lo siento por Lovely Pepa y Kate Moss, aunque quizá estos sean más de la Terremoto de Alcorcón y de la Cabra de la Legión.

Política, sanidade e sindicatos

Ninguén se atreve a dicilo en voz alta, pero parece que hai un pacto entre o goberno de Galicia e UXT para non remexer de máis o tema do novo hospital de Vigo. Parece que esta foi a causa principal de que a dirección rexional do sindicato defenestrase á dirección comarcal. Algúns en Santiago non querían que UXT Vigo se arrimase ás pancartas de SOS Sanidade e por iso racharon. O caso acabou nos tribunais e o xuíz Germán Serrano sentenzou que a dirección comarcal que se votou nas urnas entre os afiliados ten que volver. Tamén estrano e raro abondo é que Abel Caballero trague aínda diga que non con sufraga-la construcción dos servizos do novo hospital vigués. Eles saberán por qué; aínda que se cadra máis vale un hospital mixto-modelo-Madrid en tres ou cinco anos que ningún hospital. Eles saberán por qué. A nós, gustaríanos saber!!!

lunes, 17 de marzo de 2014

CSI Coruxo

Parece que hai cousas que nunca nos van ocorrer a nós, nin a persoas coñecidas. Pero ás veces ocorre.Ou a coñecidos de coñecidos. O crime de Coruxo no camino do Breadouro acabou coa vida de Cristina González Sacau a mans do seu exmarido. Cristina acabábase de divorciar e tiña un novo mozo, como todas, como Sonia Iglesias que xusto desapareceu o día que decidiu que o seu home deixara de selo definitivamente. O asasino de Cristina entrou á súa casa pola porta traseira e acabou con ela cun coitelo dos da lista da voda? Como tódolos daquel caixón. 11 de outubro de 2011. Remexeu na casa para simular un roubo e agochou as cousas dela en senllos buratos de Cans.Pero non aturou a presión e acabou entregándose. As primeiras patrullas chegaron ó lugar, e o cero sesenta e un. Precinto e comisión xudicial. Casa revolta, restos de sangue, ADNS e gravacións.Bolsas de papel para que o plástico non falsee o ADN do sangue,e se hai ADN xa non haberá pegadas por mor dos reactivos.

lunes, 10 de marzo de 2014

Caraconismo

É una tendenza á alza. Poner todo o tempo cara de "mau", de mala hostia, enfurruñarse, rosmar. Queixarse sempre, criticar tamén, torce-lo morro, vira-lo fouciño. E parece que é tendenza. Como a procesión dos calacús; chega o "caraconismo".