martes, 29 de noviembre de 2016
Todos levamos un fascista dentro
Esta mañá tocoume cubrir un incendio na Travesía de Soler 2, unha pequena rúa próxima ó hospital de Fátima en Vigo. Cando cheguei alí vin a non menos de corenta xitanos rumanos e unha muller galega. Non querían sobre todo a muller galega ser gravados.
Supoño que a muller era a caseira ou a propietaria daquela infravivenda en que vivían todos eles. Ós xitanos estiven a piques de os convencer de que a todos nos interesaba facer a noticia; pero á lurpia aquela da propietaria non a convencín.
Cheguei a dicirlle que na rúa podíamos gravar, e supoño que no interior da súa casa se llela tiña alugada de xeito legal a aquela xente tamén podía gravar co permiso deles. Pero a lurpia aquela revirárase de vez. Agora xa penso mesmo que os tiña alí metidos sen electricidade traballando na economía sumerxida; porque a falta de datos eu podo pensar o que queira non?
O caso é que por mor dunha lurpia destas, unha pequena fascista de barrio a noticia non saíu; porque ó final achégasenos ó coche os rumanos para dicirnos que en canto se fose a caseira nos deixarían gravar.
domingo, 27 de noviembre de 2016
Segredos de familia
Uns anos antes de morrer miña nai confirmoume que tiñamos un curmán cubano. Miña nai contábame moitas cousas, pero nunca me comentou ata que lle preguntei o do noso curmán cubano. Entereime de casualidade por outra persoa moi querida da nosa familia que se estranou de que eu non soubera nada.
Resulta que o meu bisavó estivo embarcado algúns anos nos grandes trasatlánticos que unían Vigo con América alá polo final do século XIX. E nunha desas paradas debeu coñecer unha cubana que tivo un fillo con él.
Aquel fillo e aquela muller quedaron en Cuba aínda que o meu bisavó seica quixo traer o rapaz.Pero a cubana non lle deixou.Qué sería deles? Qué pensarán os seus fillos agora da morte de Fidel. Iso xa non é un segredo, será sempre unha incógnita para todos nós.
viernes, 25 de noviembre de 2016
Tu recuerdo los días de lluvia
Me acuerdo de ti los días que llueve, y ya ves, eso es siempre o casi siempre. Por eso aún llevo tu paraguas, para acordarme de ti!
miércoles, 23 de noviembre de 2016
Bioloxía mariña
Os cefalópodos ven moito pero sempre en branco e negro.O polbo ten tres corazóns aínda que non sei moi ben para qué os usa.Algúns deles teñen cuspe paralizante para someter ás súas vítimas.
Non, non me estou enganchando ós documentais da Dúas; son algunhas das cousas que aprendín hoxe na Semana de Cinema Submariño.
Tanto queda saber do mar! Que eu non distingo aínda a sardiña pilchardus, o percebe mexón e o croque birollo.
martes, 22 de noviembre de 2016
Una reina choni
Cuando Letizia Ortiz vino a Vigo, aún era soltera y periodista y parecía la verdad una pija de Oviedo o de Madrid. Con unos pantalones de buen corte y el pelo recogido en un moño deshecho.
Luego supimos que no era de rancio abolengo y que se movía mejor por Vallecas y Benidorm que por Somosaguas o Sotogrande.
Ahora que es reina se ha echado más al monte aún. Su ropa "prensa", sus pantalones tipo chándal en recepciones, esa obsesión por enseñar los brazos con evidente aspecto de desnutrición. Sus estilismos repetidos de Varela que a veces parecen de modista de barrio de capital de provincia.
Yo creo que sólo va bien cuando va de calle. Con lo cual la culpa de su hortera look quizás no sea de ella.Aunque a lo mejor sí es resultado de esa estilista del Cosmpopolitan que fichó hace un año. Sí de Cosmopolitan, pásmense.Quizás debería volver a su imagen de presentadora que a todos cautivó, al primero a su marido, si la historia oficial no es una milonga más.
domingo, 20 de noviembre de 2016
A pegada viguesa de Paesa e Roldán
Hai unha lenda urbana non confirmada, pero publicada sí no dixital Vigoempresa que conta que Roldán se agochou, antes da súa espectacular fuga internacional nun chalet de Monteferro dun coñecido empresario vigués.Naquel tempo algunha radio de Madrid chegou a dicir que viran a Roldán paseando sic "pola praia viguesa de Sámil".
Máis confirmada está a presenza do seu cuñado daquela o avogado Rodríguez Porto que levou algúns casos aquí.
Tamén traballou en Vigo a súa entón muller: Blanca Rodríguez Porto que tamén pasou por prisión.A personaxe de Blanca é representada da ficción cinematográfica por Marta Etura en " El hombre de las mil caras" por Paesa de Alberto Rodríguez.
Rodríguez Porto exerceu a medicina no Hospital Xeral e síguea exercéndoa nunha clínica da Praza de Compostela.
Adícase á medicina estética e "antiaging" como agora se di e segundo os comentarios na súa web e nos seus perfís semella ser boa e estimada polos seus pacientes.En Vigo atende na Clínica de Pedro Arquero e ten consulta en Ourense tamén.Atopala é tan doado como buscala en:"drablancaporto.com".
Eu non sei se Blanca foi a ver a súa película, sei que tódalas mulleres que compartiron aquel tempo con Roldán non quixeron figurar no film. Blanco podería ver a peli aquí, onde semella que leva unha vida anónima. Tamén podería ir mañá á sesión do Club Faro en que o xornalista Manuel Cerdán falará de Paesa e do tempo aquel, pero seguro que non o fai!
sábado, 19 de noviembre de 2016
Conversaciones robadas
-Yo a mi madre no le dejo ir en "sisas" hay cosas que ya no son para su edad, piel que cuelga por allí, molla que sale por allá.Tampoco lleva ya bikini, está muy bien pero ya no tiene edad.Y si a la señora le gusta tomar el sol en la barriga? Y si tiene calor con mangas? Fascismo parricida me parece.Igual lo pasa tan mal como la Preysler que no quiere hablar de los kilos de Tamara.
-Conversación 2: Yo para viajar prefiero las dictaduras, ya he estado en muchas, allí nunca tienes problemas, hay mucha más seguridad...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)