Vistas de página en total

domingo, 20 de noviembre de 2016

A pegada viguesa de Paesa e Roldán

Hai unha lenda urbana non confirmada, pero publicada sí no dixital Vigoempresa que conta que Roldán se agochou, antes da súa espectacular fuga internacional nun chalet de Monteferro dun coñecido empresario vigués.Naquel tempo algunha radio de Madrid chegou a dicir que viran a Roldán paseando sic "pola praia viguesa de Sámil". Máis confirmada está a presenza do seu cuñado daquela o avogado Rodríguez Porto que levou algúns casos aquí. Tamén traballou en Vigo a súa entón muller: Blanca Rodríguez Porto que tamén pasou por prisión.A personaxe de Blanca é representada da ficción cinematográfica por Marta Etura en " El hombre de las mil caras" por Paesa de Alberto Rodríguez. Rodríguez Porto exerceu a medicina no Hospital Xeral e síguea exercéndoa nunha clínica da Praza de Compostela. Adícase á medicina estética e "antiaging" como agora se di e segundo os comentarios na súa web e nos seus perfís semella ser boa e estimada polos seus pacientes.En Vigo atende na Clínica de Pedro Arquero e ten consulta en Ourense tamén.Atopala é tan doado como buscala en:"drablancaporto.com". Eu non sei se Blanca foi a ver a súa película, sei que tódalas mulleres que compartiron aquel tempo con Roldán non quixeron figurar no film. Blanco podería ver a peli aquí, onde semella que leva unha vida anónima. Tamén podería ir mañá á sesión do Club Faro en que o xornalista Manuel Cerdán falará de Paesa e do tempo aquel, pero seguro que non o fai!

No hay comentarios:

Publicar un comentario