Vistas de página en total

miércoles, 23 de noviembre de 2016

Bioloxía mariña

Os cefalópodos ven moito pero sempre en branco e negro.O polbo ten tres corazóns aínda que non sei moi ben para qué os usa.Algúns deles teñen cuspe paralizante para someter ás súas vítimas. Non, non me estou enganchando ós documentais da Dúas; son algunhas das cousas que aprendín hoxe na Semana de Cinema Submariño. Tanto queda saber do mar! Que eu non distingo aínda a sardiña pilchardus, o percebe mexón e o croque birollo.

2 comentarios: