Vistas de página en total

domingo, 27 de noviembre de 2016

Segredos de familia

Uns anos antes de morrer miña nai confirmoume que tiñamos un curmán cubano. Miña nai contábame moitas cousas, pero nunca me comentou ata que lle preguntei o do noso curmán cubano. Entereime de casualidade por outra persoa moi querida da nosa familia que se estranou de que eu non soubera nada. Resulta que o meu bisavó estivo embarcado algúns anos nos grandes trasatlánticos que unían Vigo con América alá polo final do século XIX. E nunha desas paradas debeu coñecer unha cubana que tivo un fillo con él. Aquel fillo e aquela muller quedaron en Cuba aínda que o meu bisavó seica quixo traer o rapaz.Pero a cubana non lle deixou.Qué sería deles? Qué pensarán os seus fillos agora da morte de Fidel. Iso xa non é un segredo, será sempre unha incógnita para todos nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario