miércoles, 29 de agosto de 2018
Vitoria Cruziana, a flor travesti
Érase unha vez unha flor ancestral que sae dun nenúfar xigante, do que hai só dous exemplares en España. Vitoria Cruziana ten nome de raíña ou de emperatriz; ou se cadra mellor de drag queen, porque abre polas noites: nace feminina e branca e morre rosa e masculina. Deprende un arrecendo a piña para cativar os insectos e poder ser polinizada.
A planta de Vigo que se pode ver florecer durante estes días na Fundación Sales na avenida de Europa podería dar entre quince ou vinte e cinco flores ata que remate o verán. A finais de agosto xa vimos florecer cinco que apenas acadan dous días de vida.
Ademais da de Vigo, en España só hai outra no Xardín Botánico de Málaga.
lunes, 27 de agosto de 2018
sábado, 25 de agosto de 2018
La simulación informativa
Lo de menos es la verdad, lo que a la gente le interesa. Aquí hay que amagar que se informa, que lo que contamos importa. Pero lo que interesa a quien nos ve o nos lee no se cuenta. Hace unos días un gran escándalo tocaba tangencialmente a una importante cadena de televisión. Ninguna cadena lo dio.
Desde que Franco murió, perdón por mencionar al tótem, a la momia, ya casi de cuerpo presente, desde entonces el nuevo jefe de estado hizo de su capa un sayo en lo económico y en lo afectivo sin que nadie diera cuenta de ello.
Se hablaba de su campechanía, de lo comedido de sus gastos y de su familia que repetía vestidos y que tenía gustos sencillos y baratos. Nada así fue. Los fondos reservados taparon la boca a sus amantes, patrimonio del estado pagó sus chalés y el CNI las protegió.
jueves, 23 de agosto de 2018
miércoles, 22 de agosto de 2018
martes, 21 de agosto de 2018
Xa temos maquinista: Piti
Afunde a estrutura de formigón dun peirao a escasos metros dos Duques de Alba e a culpa é do organizador dun festival?
Afunde unha estrutura submariña e a culpa é do alcalde de Vigo?
Respondan vostedes ás preguntas. Eu téñoo moi claro.
A superficie do paseo das avenidas o seu coidado,mantemento e limpeza son competencia do concello de Vigo, iso tamen parece moi claro ademais está avalado por sentenzas xudiciais en que feridos por mor do mal estado do paseo denunciasen a porto e concello.
E que dicir do demais: as leas de sempre: PSOE contra PP, PP versus PSOE.
E xa temos un maquinista: Carlos Domínguez, Piti; a peza máis vulnerable. Se cae Maná en Castrelos a culpa é da produtora do concerto?
E a maquinaria xa está en marcha. O outro día escoitaba nunha terraza dun bar: xa está a Brunete Mediática e as hienas do PP tentando aproveitar e distorsionar algo que non ten xeito ningún.Cousas que se escoitan por aí
Tamén é certo que sí o alcalde autorizou e se cadra tamén se depositou unha fianza no concello como tamén se fixo no porto de Vigo
E por facer de avogada do diaño, eu digo tamén revisouse a estrutura submariña do peirao cando era Abel, presidente do porto? E cando Corina Porro? Que aquí case todos estaban en todos os sitios... Igual a culpa tamén foi de Piti e dos que foron ó concerto, ou dos pais por deixarlles ir...
E esta lea xudicial pola responsabilidá* non vai retrasar os pagos ós damnificados? Non sería mellor poñerse de acordo xa? Ou será mellor que cobren cando a xubilación...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)