Páginas vistas en total

martes, 6 de junio de 2017

Da "cheirona" á "maríamandiles" ou á" lerchiloba"

Hoxe vou lembrar algunhas tipoloxías femininas segundo a clasificación que facía a miña avoa. Igual esquezo algunha. Se cadra se podían atribuír perfectamente ós homes, pero ela falaba de mulleres.
-A "cheirona": muller moi cotilla, que pregunta todo o que pode, pero nunca fala do seu.
-A "lercha": muller espabilada e vivaz, se cadra un pouco loba de máis.A miña irmá inventou a variante :"lerchiloba", ou " lobilercha".
-A " mariamandiles": muller gobernadora, e organizadora, se cadra tamén " gobernicha" e aquí na Galicia Sur: " gobernadora de Cangas".
- A " maricamollarroupa": palabra sen ningunha conotación con orientación sexual. Significa muller que simula facer moito, pero non aquela case nada.Vai ó río, molla a roupa, pero non lava ren. Unha especialista en " facer que facemos".
- "Muller e media e patas de outra": muller que sí de verdade vale moito e vale para todo. Podería ser curmá da " gobernicha" ou da " gobernadora de Cangas.
 E ata aquí a lección de hoxe de gramática parda; admítense suxestións...

No hay comentarios:

Publicar un comentario