Vistas de página en total

sábado, 17 de junio de 2017

Gilipollas de luxe de verán

Coñecín a M. C. o ano que fixen terceiro de BUP. Xa daquela era mooooooi parva.Tiña un irmán sinxelo e fantástico que traballaba en Citröen como o seu pai. Pero ela falaba moooi "pija" e requintada como acabada de saír do barrio de Salamanca ou da Moraleja. Supoño que daquela tomaría cubatas ou se cadra "riojas" porque daquela aínda que non vos pareza certo ninguén tomaba gin tonics.
Andar sen gafas outorga ás veces estranas perspectivas. E dános algunhas alegrías porque se ve todo marabilloso, perfecto, sen imperfeccións.
E aquel foi o caso. Tomaba unha cervexa nunha das terrazas de moda da cidá*.
E un soniquete, o zunido daquela voz chamoume a atención.
- Saaabes...
-Así como mal, me entieeendes...
-Ay qué pereza me da!
-Ay que no me apetece nada quedar y menos en plan comilona, ya saaaabes!
Ecualizando a voz en cada frase e con aquel ton taaaaan gilipollas, taaaan pijo que me queceu a cervexa de vez e mesmo me pinzou o estómago.
Nun intre, quito as gafas de sol e poño as de ver,e alí a vexo. Aquela diva de barrio, tan gilipollas ou máis que hai vinte anos.
Estiven a piques de dicir a voz en grito:
- Ruliña, pero ti de qué vas? Xa non lembras que naciches en Teis? E que es máis de Wichita que de Club de Campo?
- Ai, miña flor, qué vergoña me dás...
Semella que o teu non ten solución!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario