Vistas de página en total

sábado, 3 de junio de 2017

Lembranzas de Casares

Acudíamos a casa de Casares cada vez que morría alguén, alguén da literatura ou da política galega da súa xeración.
Supoño que tamén no día das Letras Galegas e noutras situacións.
Xa case non me acordo. Recibíanos naquel o seu despacho da rúa Reconquista, un dos máis desordenados de Vigo, logo do de Antonio Reguera, claro!
Os libros ciscados no chan e encol da mesa.
Unha vez sorprendíno falando en ton serio cun tal Jesús, que resultou ser Pérez Varela. Debía estar o conselleiro mosqueado con algún xesto seu ou algunha decisión, e o pobre do Carlos alí "aturando mecha" estoicamente a chamada de Jesús.
Tamén nos recibía na súa casa de Vilariño onde de cando en vez nos abría a porta un guapísimo e novísimo Christian Casares.
Naquela casa non había un sillón azul como sempre pensei, nin un Deus para sentar nel. Tampouco vin ó gato que se cadra chegou despois ou ó fillo da asistenta ó que algunha columna lle adicou.
Sí que estaban os trens e se cadra os Principiños e tamén a súa muller.Tamén o vimos votar. Dicían as malas linguas que o gravábamos a el para non irlle a algúns políticos; daquela tamén íamos a gravar o bispo nas votacións.
Ninguén de nós pensou que Carlos ía morrer tan cedo. De ser así, teríamonos fixado máis!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario