Vistas de página en total

lunes, 3 de junio de 2019

A vida errante de García Barbón


Aí tedes a García Barbón na entrada a Vigo desde a AP-9 ó litoral. No nóo de Isaac Peral por iso se cadra houbo quen pensou que era Isac Peral hai trinta ou corenta anos estaba moi contento tamén en García Barbón, a carón da fonte e das escadas de Santiago de Vigo nunha pequena praciña, prácida e tranquila. Levárono de alí, non sei se para poñer un monumento ó ECU, o euro ou ó axente comercial e semella que non será este o seu último periplo. Agora o gran prócer ourensán-vigués parece que repousará fronte ó porto vigués onde agora está a mal chamada " paelleira". 
Neste xogo de tronos de estatuas vigués: os mariñeiros de Conde na Gran Vía rematarán no nóo de Isaac Peral, García Barbón na paelleira e a nosa Gran Vía acollerá a ferralla da nosa pasarela mecánica entre Urzáiz e o Corte Inglés.
Neste baile de " maniquíes" quén pode gañar?
Outras estatuas e monumentos bailaron por este Vigo noso: o Curros Enríquez que estaba no Castro e rematou fronte á 
Comandancia de Mariña. O monumento a Reconquista que tamén bailou. A farola de Urzáiz que foi e volveu tralo paso por Bouzas e a pérgola de Bouzas que tamén bailou foi deseñada por Jenaro de la Fuente para a Praza de Portugal cando o párquing ciscaron as pedras en diversos almacéns. Finalmente a pérgola se remontou na zona central de Bouzas.
Cáles serán os seguintes? Todos quedarán de pedra? Que lles quiten " o bailao"...

No hay comentarios:

Publicar un comentario