Vistas de página en total

martes, 18 de junio de 2019

O tempo das nosas avoas


Hoxe asistín a unha emocionantísima presentación da biografía de Olimpia Valencia pola xornalista de Atlántico Diario: Ana Fuentes. Pleno total na sala de conferencias da Casa do Libro. Alcalde, Presidenta da Deputación, Corina Porro e moitos máis que non vin. Entre eles algún parente máis de Olimpia Valencia. Ana é neta dunha prima. Xente que aínda ten moito que contar.
E nós, os que nacimos nos setenta pónsennos os pelos como escarpias pensando que ata o 31 as mulleres non puideron votar, ata o 21 as mulleres non podían estudar na universidade.
E estaban moi vixiladas e controladas, non podían saír de festa nin faceren o que quixer.
Con Franco Olimpia deixou de ir ó cine para non ter que facer o saudo fascista ó final. A miña avoa que foi amiga súa que non quería nunca falar de política tamén quedou chea de cantar no Castro o Cara-el-sol coas nenas dos colexios onde deu clase antes da morte de Franco.
E así viviron as nosas avoas, as de 1900, modulando a súa linguaxe, contendo os seus desexos e ilusións, acompañando ós nosos avós e coidando dos nosos pais. Traballando dentro e fóra das casas e disimulando ás veces a súas valías como Rosalía de Castro a prol de Murguía.
E naquel Vigo pequeno dos felices anos vinte : todos se coñecían: os Kuper, os do Hotel Roma( os pais de Olimpia), Posada Curros, Emilia Docet, a
miss España galeguista que eu tamén coñecín ( xa con 80 anos no super do meu barrio: El granero del Areal).
É o tempo das nosas avoas e debémolo recordar. Iso é o que fixo Ana Fuentes na biografía de Olimpia Valencia a curmá da súa avoa : cadrou as súas vivencias, cos arquivos e cos libros de historia nun delicioso, entrañable e imprescindible traballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario