Outra vez tralo ronsel do cadáver. Eu non sei xa se son xornalista, da Científica ou da UCO. O morto de hoxe leva 25 anos cadáver. Chámase Ignacio García Llorente e tiña vinte e cinco anos cando desapareceu. Criouse no barrio vigués de Coia onde foi monitor de actividades na parroquia do Cristo da Victoria.
Desaparecido en marzo de 1994, este profesor de Educación Física que tras formarse en INEF da Coruña traballou na Universidade de Vigo no Servizo de Deportes. Non volveu sorpresivamente á súa casa e a súa familia e a súa moza buscárono. Non acudiron moito á prensa local. Sí foron a Quien sabe dónde. Non valeu de nada. Un mes despois apareceu un cadáver nunha praia da localidade cántabra de Suanzes. As análises daquel tempo non valeron para certificar que se trataba deste home.
Este maio un cuarto de século despois, a teimosía da Garda Civil cántabra e os avances nas técnicas de análises do ADN mitocondrial valeron para acreditar que era o home que a súa familia buscaba desde 1994. Agora poderáno enterrar.
Semella que seu cadáver non hai sinais de que a súa morte se producira pola intervención doutra persoa.
Descanse en paz.
O caso serve para alertar que as novas técnicas de ADN mitocondrial, o que só transmiten ás nais ós fillos, ponnos agora no século XXI máis preto da resolución de casos: identificación de cadáveres ou de supostos asasinos.
A Policía e a Garda Civil seguen traballando aí fóra. Nos próximos anos poderíamos ter moitas sorpresas. Oxalá sexa así!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario