Vistas de página en total

domingo, 13 de noviembre de 2016

A modista de Moraima

A modista de Moraima vivía en Alfonso XIII.Tiña un comedor sala de espera onde agardaban as clientas. Tamén era sala de costura con dúas Singer vellas cos seus pedais.E as súas fundas de madeira noble.Alí había alomenos seis ou oito cadeiras dúas delas cheas de revistas.Unha con monte de Burdas cos seus patróns, se cadra algunhas en alemán. E outra había con revistas do corazón, para os tempos de espera. A modista de Moraima (a muller de Celso Emilio) tiña outras clientas vip, algunhas delas deixábanlle pufos ou calotes variados; outras quitaban as etiquetas que ás veces puñan "Modas Teo" e cambiábanas por outras de Dona Casilda ou do Louvre, as boutiques e modistas de máis ringo-rango de Vigo naqueles 50-60 en que Vigo vivía entre o cosmopolitismo, a grisura do franquismo e unha absurda apariencia. Case todo quedaba rexistrado nunha das súas vellas axendas: as medidas das señoras: a sisa, as costas, a cintura, o peito e ó lado os calotes que lle ían deixando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario