Vistas de página en total

lunes, 7 de noviembre de 2016

Farta de homilías, xornalismo, caso práctico

Menor,sexo feminino, 12 anos estimados, borracha como unha cuba na tarde do sábado ás 19.15 ás portas dun gran centro comercial próximo á Gran Vía viguesa. A noticia publícase en Atlántico Diario e obviamente hai que dala.Hai que contar o que pasa, alertar á sociedade e animar á prevención. Co " mantra" de é unha menor, é unha menor,non é maior de idade, levo adurmiñada toda a mañá. Semella un rap.Ou unha cantiga de escarnio ou maldicer. É unha menor dinme no 061, non che podo nin confirmar a edade, non che podo falar do caso puntual; nin tamñoco darme porcentaxes de casos semellantes para saber se estamos diante dun grave problema social. A mesma cantilena repítenme na Policía Nacional que só tres horas despois me confirma que a nena ten 13 anos. E así toda a mañá, que se nos estamos apuntando ó carro, que nos estamos enganchando a un culebrón xornalistico, serpe de verán ( ou cobra tan típica destas datas😀). E así todo o tempo; por Deus! Que eu non quero saber cómo se chama? onde vive? nin a qué colexio vai.Só quero contar unha historia e contextualizar non é o mesmo 12 que 15 ou 17. Aquí tamén recibín outra lección de ética doutro que se pensa un egrexio xornalista rexional. O caso é que despois de tanta 13-14 conseguín facer a noticia, sen apenas información. Entre protección de datos e a lei do menor cada vez os gabinetes menos información dan. Acaban obrigándonos a recorrer a outras fontes menos profesionais e máis viciadas.Ó lercheo veciñal. Os díxome-díxomes, os ruxe-ruxe, lu os falo do disque tan habituais no noso país. Iso ou inventar ou recrear os datos que non nos dan. E éu a verdá* cada vez teño máis esta tentación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario