Vistas de página en total

domingo, 31 de julio de 2016

A pokeparada, " perdendo cartos"

Dun tempo a esta parte facemos bromas con montar unha empresa que cobre por outorgar bandeiras azuis a esgalla ou vasoiras de ouro e de prata a cada localidá, sen criterio sen control. E resulta que agora crean un xogo de móbil que é un pelotazo mundial, que consiste en cazar pokémons e non cobran por meter os coellos estes en eses bares ós que non vai ninguén, nesas aldeas despoboadas, neses pobos sen turismo, nesas tendas que non venden ren. Seica os poñen ó chou.Pois están perdendo cartos, e moitos.Pensen neses hoteis baleiros que pagarían un potosí por ten un ximnasio ou unha pokeparada. Xa ven gañarán por outro lado, pero están perdendo cartos...

sábado, 30 de julio de 2016

Os vicios do xornalismo

Gárdao para mañá que non hai nada, iso é moi local. Imos agardar a que a noticia se consolide, a que saia noutro medio, a que teña o seu pouso.Iso non o damos que xa o deron Chiño e Cholo.Esa peli/serie prodúcea a competencia; iso pode xerar alarma, iso non lle gusta ó director xeral;iso xa o demos moitas veces ( dous domingos ás tres da mañá). É mellor non menealo, deixémolo estar, é un simple ruxe ruxe. Iso é publicidá*. Iso móveno os radicais, iso móveno catro mosqueados, iso é todo política, iso non interesa a ninguén. É qué pasa ó final? Que o que non interesa a ninguén é o que emitimos nós.

martes, 26 de julio de 2016

Territorio narco

Os narcos de Vilagarcía subiron un chanzo xa. Agora xa financian e xestionan a loxística dos envíos aínda que sexa de haxix.Cinco detidos 8.000 quilos de resina de háxix a bordo dun iate detido en Cartagena. E pasta moita pasta.No piso do Piñeiriño onde vive Paola García desde hai anos coa súa nova parella tamén colombiana coma ela atoparon 18.000 euros, que non parecen moitos; pero sí o son tendo en conta que a jicha levaba meses sen pagar a comunidá. Os EDOA de Lugo e os GRECO de Pontevedra colaboran nesta operación dirixida por un xulgado de Sabadell. Na opración caeu tamén David o propietario do pub Don Piano fronte ás vías do tren. Parecen ser os capos dun " novonarcofacer" . Semellaba que o háxix non vale tanto, pero parece que sí. A organización cústalle 300 euros o quilo, eles cóbrano a mil, e na rúa está a 1.800. Boten contas que eu son de letras!!

sábado, 16 de julio de 2016

"Mi recuerdo es más fuerte que tu olvido" Paloma Sánchez Garnica

La última novela de Paloma S. Garnica engancha en su inicio de una forma febril.Ya en sus primeras páginas anuncia un gran secreto de familia que no se llega a saber hasta el final. Es una novela llena de perdedores vitales, personas con vidas teóricamente perfectas que son absolutamente infelices interiormente.Sus pantallas vitales están trufadas de grandes y pequeñas mentiras, parece que sus vidas han sido manipuladas por una instancia superior.No han elegido con quién casarse, en qué trabajar o qué hacer con su vida en general. Todo es una gran mentira, demasiado. La prostitución de altos vuelos masculina y femenina, los matromonios de conveniencia, las esposas y las amantes, las mantenidas, los malos tratos ocultos y las historias de dominación familiar. Un mosaico de historias dentro de una misma familia.Muy entretenida e intrigante, pero delirante en su final.Demasiadas mentiras, demasiadas historias rocambolescas y un epílogo quizá lento, largo y pesado.Pero aún así compensa leerla.Se lee fácil, rápido y bien, por su argumento que engancha desde la primera página. La historia con constantes flash back nos traslada del franquismo hasta nuestros días en in viaje trepidante en que Paloma a veces parece que se pasó de frenada.

domingo, 3 de julio de 2016

Izan o da saca

"Izan o da saca" é unha gran novela que xa agocha un gran segredo no seu nome. O libro aborda unha parte esquecida ata agora do papel galego na Segunda Guerra Mundial. Da nosa convivencia cos nazis ou cos anglófilos, de cómo os alemáns se agocharon, fixeron negocios ou se mesturaron de diversos xeitos con nós. Todo aliñado cun idioma perfecto, coidado e auténtico, desde o enxebre ata o académico; un galego "real" e tamén culto cunha gran riqueza de vocabulario e xiros moi difícil de atopar. "Mallado" está tamén, perdón pola vulgaridá, o tratamento das personaxes, coidada, auténticas, como se fosen os nosos pais ou nosos avós. E a historia, claro que sí, a historia apaixonante que nos permite coñecer que moitas das nosas aldeas e vilas foron un escenario, un pequeno teatro de operacións da gran guerra que daquela se desenvolvía no gran taboleiro do mundo. Os de Monforte recoñecerán lugares ademais. Eu non coñecía ó autor, Xabier Quiroga que chegou a min como de casualidá. Recomendoumo un biólogo experto en kiwis e melómano ó que hai uns meses entrevistei. Pero a recomendación non puido ser mellor:wolfram, misterio, historia,nazis, Ribeira Sacra e Vigo como non!Unha gozada publicada por Xerais con copyrighth de 2015 e que aínda se pode atopar estes días na feira do libro na viguesa Porta do Sol

sábado, 2 de julio de 2016

El síndrome Sabina

Ya tienen cincuenta años, pero siguen fumando porros. Los sábados van a conciertos y de los hijos se encarga mamá.Siguen siendo eternos hippies, de que todo funcione se ocupan los demás. Son como los viejos Peter Pan? No. Por lo menos aquellos tenían ilusión!

martes, 28 de junio de 2016

Querido Pablo

Todos han querido cortarte la coleta, y casi lo han conseguido.Un poco de humildad te vendrá bien. Tu entrada fue un soplo de aire fresco que abrió ventanas y puertas por las que nunca circulaba el aire.Tus ideas eran buenas, muchos pensamos que podrían ser verdad. Tus resultados son buenos, muy buenos, con todo a la contra. Pero tu tono es garrafal, tu soberbia, tus tics de dictador bolivariano o de cantante de rap...ese querer controlar la tele, el ejército y el CNI.Eso no convenció a muchos, les hizo vacilar.Prefirieron la bachata del PP al ritmo de tu rap.